Gestiona o teu suscripción | Entra ao web | Que somos | Busca no web | ||
| ||
| ||
Estimado lector, Poñémonos en contacto contigo para informarte de que a revista Eroski Consumer comeza unha nova época na longa traxectoria do noso produto informativo. Nacida hai xa máis de corenta anos para informar os consumidores sobre os seus dereitos e lexítimos intereses no mundo do consumo, converteuse nun referente ineludible para os millóns de fogares que confían nos seus contidos. Hoxe a túa revista de consumo crece, faise máis grande e máis atractiva. Na súa versión impresa, incrementamos notablemente o número de páxinas, o que redunda nunha revista máis completa e informativa. O papel mellora. O seu novo deseño, unha maquetación máis fresca e unha fotografía máis traballada permitirán unha lectura tan agradable como proveitosa. Son cambios importantes para adaptarnos mellor ás novas demandas e necesidades dos lectores. Pero non todo cambia. A rigorosidade no tratamento dos temas, a súa veracidade e independencia, e a amenidade e utilidade das nosas informacións foron e seguirán sendo os pilares sobre os que se constrúe cada número, cada páxina, da revista. Cremos en proporcionar información solvente para un consumidor que persegue levar unha vida máis sa e sostible, e nesa crenza esforzámonos cada día por ofrecerche o noso produto informativo. A alimentación, a saúde, a seguridade alimentaria, o coidado dos máis pequenos e dos maiores, a economía doméstica, o ambiente, o lecer... seguirán sendo os temas de atención preferente para o nutrido equipo de profesionais expertos que facemos día a día esta revista. Unha gran familia comprometida cunha vida mellor para a túa. A tradicional gratuidade da revista remata nesta nova etapa, que dá paso a un prezo simbólico que nos permitirá mantela sen publicidade de marcas e fabricantes, e polo tanto absolutamente independente á hora de proporcionarche información veraz e práctica. A revista estará dispoñible o primeiro día de cada mes nos establecementos Eroski na súa versión impresa e ti, como subscritor da revista dixital, seguirás recibíndoa no teu correo electrónico a mes vencido. A túa fidelidade e a túa confianza farán posible esta nova etapa que hoxe comeza. Moitas grazas, Alejandro Martínez Berriochoa Director de Fundación EROSKI | ||
Recibes o Boletín de Revista EROSKI CONSUMER porque estás subscrito ó diario do consumidor. Pódeste dar de baixa cando o desexes en www.consumer.es/boletines/ | ||
| ||
miércoles, 13 de junio de 2018
[Edición impresa Xuño 2018] Nova revista
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Seguidores
Archivo del blog
-
►
2024
(108)
- ► septiembre (8)
-
►
2023
(116)
- ► septiembre (9)
-
►
2022
(114)
- ► septiembre (10)
-
►
2021
(112)
- ► septiembre (10)
-
►
2020
(98)
- ► septiembre (9)
-
►
2019
(69)
- ► septiembre (4)
-
▼
2018
(110)
- ► septiembre (8)
-
▼
junio
(9)
- [Lo mejor] Dietas para perder mucho... tiempo | ¿...
- Lo último de EROSKI CONSUMER
- [Lo mejor] 10 dudas sobre sexo que (casi) nadie se...
- Lo último de EROSKI CONSUMER
- [Lo mejor] CuÃdate con un puñado de cerezas | ¿...
- [Edición impresa Xuño 2018] Nova revista
- Lo último de EROSKI CONSUMER
- [Lo mejor] Congelar las fresas tiene truco | Por q...
- Lo último de EROSKI CONSUMER
-
►
2017
(111)
- ► septiembre (8)
-
►
2016
(112)
- ► septiembre (9)
-
►
2015
(118)
- ► septiembre (11)
-
►
2014
(119)
- ► septiembre (10)
-
►
2013
(116)
- ► septiembre (9)
-
►
2012
(63)
- ► septiembre (5)
-
►
2011
(64)
- ► septiembre (6)
No hay comentarios:
Publicar un comentario